publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unhas 120 persoas asistiron en Touro ao monólogo de Cándido Pazó sobre o libro ‘Memorias dun neno labrego’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Monólogo de Cándido Pazó

Monólogo de Cándido Pazó

120 persoas acudiron na tarde de onte ao monólogo interpretado por Cándido Pazó sobre a emblemática obra  ‘Memorias dun neno labrego’ de Xosé Neira Vilas. Tivo lugar na Casa da Cultura á primeira hora da tarde. Acudiron alumnos de ESO do CPI Fonte Díaz e maiores da residencia ‘Os Terzos’ de Fonte Díaz. O monólogo, interpretado maxistralmente por Pazó, combinou humor, emoción, evocación, anécdota, elaboración e improvisación. Foi un espectáculo emotivo e divertido que encheu o salón principal da Casa da Cultura de Touro.

30 de outubro de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.