publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un total de 20 mozos do IES de Curtis participan no programa de coñecemento do medio profesional “Deseñando o teu futuro”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisSobrado
A-
A+
Visita dos estudantes a Sobrado dos Monxes

Visita dos estudantes a Sobrado dos Monxes

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañou hoxe aos participantes do programa “Deseñando o teu futuro” que puxo en marcha a Asociación Galicia Inxenia. Nesta iniciativa participan un total de 20 mozos e mozas do IES de Curtis que están a cursar Formación Profesional básica nas ramas de automoción e administrativo.

O programa “Deseñando o teu futuro” é unha iniciativa piloto de educación non formal a través da cal mozos e mozas de entre 14 e 18 anos poden realizar pequenas estadías titorizadas en centros de traballo coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas e das diferentes profesións.

Cecilia Vázquez sinalou que “esta experiencia sirve para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e coñezan a realidade da empresa previamente a decidir a súa traxectoria formativa”. Este ano “Deseñando o teu futuro” financia 17 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro nos que participan un total de 403 mozos e mozas.

Xornada mínima diaria de catro horas

As estadías-visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles, e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas. O número máximo de mozos e mozas participantes non pode exceder de 30.

A cantidade da axuda calcúlase en 6 euros por participante ao día, para cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou moza e 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías-visitas.

15 de outubro de 2015 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.