publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home resulta ferido nunha colisión múltiple entre tres coches nas Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home resultou ferido nunha colisión con tres vehículos implicados na AG-64, ao seu paso polo municipio coruñés das Pontes, en dirección Vilalba. Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 21,20 horas do xoves e, debido ao impacto, o condutor dun dos vehículos tivo que ser atendido por diversas contusións, que motivaron que fose evacuado a un centro médico.

Ao lugar, ademais, dos servizos de Urxencias Médicas 061, acudiu as Garda Civil de Tráfico.

TURISMOS DANADOS POR UN XABARIL

Por outra banda, catro vehículos que circulaban pola N-120 sufriron danos por mor dun xabaril que cruzou a calzada á altura do municipio lucense de Pantón. O animal sorprendeu aos condutores sobre as 20,50 horas do xoves cando circulaban en sentido Monforte, preto do quilómetro 532.

Conforme precisou o CAE 112 Galicia, o golpe provocou lesións importantes nun dedo a un dos condutores implicados no accidente que, finalmente, foi traslado polos servizos sanitarios de urxencia.

Ao momento trasladouse o servizo de Urxencias Médicas 061, así como a Garda Civil de Tráfico.

16 de outubro de 2015 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.