publicidade hoxe

Un home mata á súa parella en Vigo e suicídase despois

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Un home de 54 anos supostamente matou na tarde deste luns á súa parella, unha muller de 33 anos de idade, ambos os dous de orixe portuguesa e con domicilio en Vigo, e despois suicidouse. Todo apunta a que se trata dun acto de violencia de xénero, posto que así figura nunha nota de suicidio.

Así o confirmou a Policía Nacional, que informou de que os feitos se produciron sobre as 18,20 horas nun domicilio da rúa Fragoso, cando deu a alerta un veciño da parella. Esta vivía nun piso no que se alugaban os cuartos.

Tras coñecer os feitos, Policía Nacional avisou efectivos do 061, que só puideron confirmar o falecemento de ambos os dous. Nestes momentos está pendente o levantamento dos cadáveres por parte do forense e o xuíz.

As mesmas fontes indicaron que a arma que supostamente empregou o home para matar a muller e suicidarse despois “non está clara”, posto que, polo menos de momento, non foi achada ningunha arma branca ou de lume.

5 de outubro de 2015 | 22:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.