publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Trasladan a un centro de menores a dous polisóns que chegaron nun barco con destino a Alcoa San Cibrao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Dous polisóns menores de idade foron trasladados a un centro da Xunta tras ser detectados nun barco con destino ás instalacións de Alcoa en San Cibrao (Lugo). Segundo informaron fontes da Delegación do Goberno en Galicia e de Alcoa, o venres pasado un barco quedou atracado sen entrar en augas interiores tras detectar a tripulación a presenza de tres polisóns.

Ante a sospeita de que dúas deles fosen menores, estes foron levados ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo e, tras confirmar que eran menores de idade, foron levados a un centro da Xunta.

Mentres, o polisón de maior de idade e de orixe arxelino, segundo o protocolo, ten que ser deportado e facerse cargo diso o armador do barco. Fontes de Alcoa, que puntualizaron que en casos como estes a compañía “cumpre o protocolo”, sinalaron que o buque xa partiu o domingo.

 

13 de outubro de 2015 | 10:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.