publicidade hoxe

Tragsa retirará outros cinco niños de avespa asiática na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Despois das xestións realizadas polo goberno local, un equipo de especialistas do grupo Tragsa comunicou ao Concello que o luns estarán na Laracha para retirar cinco niños de  avespa asiática (vespa velutina) localizados no termo municipal, concretamente en Mantiñán (parroquia de Soandres), O Seixo (Soutullo), As Meneiroas (Coiro) e dous no lugar de Cercido (Erboedo)

Na maioría dos casos os niños están situados no alto de árbores e tamén se detectou un nun alpendre. Seguindo co protocolo establecido, o Concello da Laracha deu traslado desta información á Xunta de Galicia para que Tragsa procedese á súa retirada. 

As persoas que detecten niños de avespa asiática poden comunicalo ao Concello da Laracha ou directamente chamando aos teléfonos 012 e 112. 

A avespa asiática é facilmente recoñecible polo maior tamaño que presenta con respecto á europea. A súa picadura non representa para os humanos maior perigo que a das nespras autóctonas, pero si pode provocar certos problemas na biodiversidade do entorno no que se sitúa ao tratarse dunha especie invasora que ataca especialmente aos enxames de abellas, coa problemática que iso supón para a apicultura.

23 de outubro de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.