publicidade hoxe

The Covers Band ofrece un concerto na Carpa Institucional no Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Grupo fundando no ano 2008 e composto por Bruno Pan, Juan Ciego, Nando Peón, Iván Pla e Vicen Canario interpretará no escenario da carpa institucional versións de temas rock dos 70, 80 e 90.

A banda, que declara estar influenciada por Queen, Dire Straits, The Beatles, Rolling Stones, Polices, entre outros…, non puido realizar a actuación inicialmente prevista para a Festa do Marisco por problemas de axenda dos seus compoñentes, varios deles membros tamén doutras orquestras, polo que se amosaron encantados de poder contar con esta nova data para actuar fronte as súas veciños e veciñas.

Trátase, polo tanto, dunha ocasión única de desfrutar deste grupo e das súas versións, que permitirán contar cun xoves distinto. 

28 de outubro de 2015 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.