publicidade hoxe

Teo programa un roteiro ata o Castro de Mouromorto-Texexe para este domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

A Concellaría de Participación Veciñal organiza un paseo entre a Casa Común de Calo, desde onde partirá o percorrido proposto para este domingo, 18 de outubro ás 11.30 horas.

Previamente á partida, na propia Casa Común de Calo, permitirase visionar pezas romanas do século I e fotografías dos restos atopados durante as sondaxes arqueolóxicas realizadas nunha parcela próxima ao castro de Mouromorto.

Alí mesmo accederase a unha explicación sobre estas pezas achadas nas proximidades do conxunto arqueolóxico por parte da propia arqueóloga encargada do proxecto, Pilar Fernández, quen tratará de situar o castro no seu contexto xeográfico e histórico.

Posteriormente realizase unha andaina ata a zona para visitar os elementos arqueolóxicos visibles, que tras o incendio do pasado verán quedaron ao descuberto, como son a súa croa, os parapetos e murallas e outras estruturas. 

Posteriormente retornarase ata a Casa Común de Calo, onde está prevista a chegada ás 13.30 horas. A ruta está indicada para todas as idades.

15 de outubro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.