publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tempo de familias en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Un ano máis, o Concello de Cabanas e a súa Concellería de Servizos Sociais vai por en marcha o obradoiro “Tempo de Familias”, subvencionada pola Deputación da Coruña no marco do Programa de Acción Social con Familia, Mocidade e Infancia. Trátase esta dunha actividade dirixida a familias con nenos e nenas de ata seis anos de idade e no que se pretende facilitar un espazo de encontro para o intercambio, o debate e a aprendizaxe conxunta. As familias interesadas en formar parte poderán recadar máis información nos Servizos Sociais de Cabanas ata o seu comezo o 5 de novembro.

Mediante esta actividade, dende o Concello de Cabanas quérese facer incidencia na importancia das familias como o primeiro espazo educativo para as persoas. Desta forma faise posible un tempo para a reflexión, a actividade, o intercambio e a aprendizaxe. A actividade vaise desenvolver durante o curso escolar, rematando a mesma no mes de maio. Os días de realización será en xoves alternos, con horario de 17:00 a 18:30, e terán lugar no Antigo Concello,  aínda que hai a posibilidade de modificación de forma consensuada polo propio grupo, .

Haberá un tempo para a realización de actividades que guste a todos e que se poidan facer despois na casa, xogos, contos, cancións, manualidades sinxelas, e outras ideas que propoñan os participantes. Ademais de forma transversal trataranse temas de interese común e particular sobre a educación familiar. Contará tamén con sesións especiais en función das demandas, como contacontos, ioga en familia, masaxe infantil, etc.

23 de outubro de 2015 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.