publicidade hoxe

Teatro e concerto coral para a fin de semana en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

O sábado desta fin de semana, a nosa Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe voltará a viaxar fóra de Laxe para ofrecer un concerto. Nesta ocasión, faráo a Ourense, para participar nun Certame de Rondallas e Corais que se celebrará ás 19 horas no Salón Noble do Liceo de Ourense, no que partirciparán un grupo numeroso de corais, interpretando cada unha delas pezas dun compositor da vila de destino.

Grazas á colaboración e xestión compartida do Concello de Laxe coa Asociación de Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, a Coral Polifónica Municipal, ten realizado xa outros 4 concertos nestes ano, e no que queda, ten programado realizar outras 2:

– Sábado 14 de novembro: en Benavente.

– Sábado 12 de decembro: no XII Festival de Panxoliñas de Laxe.

Por un lado, o domingo no salón de actos municipal ás 19 horas, terá lugar a terceira das representacións da IX Mostra de Outono de Teatro de Laxe, organizada polo Concello de Laxe e a Asociación de Teatro Folerpas de Laxe. O grupo de teatro da APEM (Asociación pro enfermos mentais) de Carballo achegaranos a obra: Unha de Romanos.

Toda unha experiencia e oportunidade de integración social para este conxunto de 15 actores e actrices que nos demostrará as súas mellores artes sobre o escenario, ofrecéndonos unha comedia que durante aproximadamente 35 minutos recreará a Galaecia romana co seu sobervio emperador e os seus cónsules, disfrutando dos praceres da vida, mentres o pobo empobrecido organízase contra o poder establecido.

Unha curta comedia, onde o espectador pode buscarlle semellanzas a algún que outro tempo actual.

O guión e dirección da obra corresponde a: Mónica Ennes Fraguela 

29 de outubro de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.