publicidade hoxe

Sober inicia o ciclo de outono teatral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober inicia mañá sábado o Ciclo de Outono Teatral. As representacións forman parte do Circuíto Afeccionado 2015 Buxiganga, promovido pola Deputación de Lugo. A compañía Tren de Moebius porá en escena Memorias do Anxo ás 19:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural. A peza está dirixida ao público adulto.

Teatro para todos os públicos

A seguinte actividade desenvolverase o venres 23 de outubro ás 17:30 horas coa representación de Martín, Martín a cargo de Micromina Teatro de Títeres.

O sábado 14 de novembro o teatro volve a Sober da man de Pinchacarneiro que porá sobre o escenario A ola de ouro. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural.

En marcha a Escola Municipal de Teatro

Esta mesma tarde a Casa da Cultura acolle unha reunión dos inscritos na Escola Municipal de Teatro de Sober para pechar o horario e días nos que se desenvolverán as clases. Ata o de agora a Escola conta cunha ducia de anotados.

16 de outubro de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.