publicidade hoxe

Servizos Sociais pon en marcha as escolas de pais e nais en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A escola de pais e nais é unha actividade quincenal que se desenvolve nos centros de ensino de Cangas. Trátanse temas psicolóxicos, pedagóxicos e sociais que teñen que ver coa formación dos fillos e fillas como persoas. Temas como a comunicación e o benestar da familia, as habilidades sociais, o manexo emocional, a educación para a saúde ou a autoestima, se abordan nas clases dunha maneira amena, sinxela, participativa e aberta.

Non é unha reunión de persoas expertas, senón de pais e nais que se xuntan nun espazo de reflexión onde poder falar, onde te escoitan e podes aprender e aportar algo. O clima que se crea é de gran confianza, xa que as persoas que asisten teñen intereses semellantes respecto á crianza de fillos e fillas: que sexan responsables, que respecten ás outras persoas, que teñan habilidades para enfrontarse aos problemas e aeducación é a mellor estratexia para acadar esa meta.

Dende a concellería indican que a ninguén lle ensinaron a ser pai ou nai, pero estes son modelos a imitar. Influír dun xeito positivo nos fillos e fillas fará que poidamos axudalos na súa andaina pola vida. Trátase de gozaraprendendo para que se traduza en pais e nais que gozan educando.

Para facilitar a asistencia de pais e nais a estas escolas contamos cun equipo de monitor e monitora que coidan e xogan dos rapaces mentres os proxenitores están reunidos.

Horarios do curso 2015-2016 dos centros que xa están funcionando:

CEIP A Rúa: Martes ás 16:30 horas. Próxima clase, martes 10 de novembro.

CEIP San Roque: Mércores ás 17:15 horas. Próxima clase, mércores 11 de novembro.

CEIP O Hío: Xoves ás 17:00 horas. Próxima clase, xoves 5 de novembro.

E.I. A Choupana: Martes ás 17:00 horas. Próxima clase, martes 3 de novembro.

CEIP Espiñeira, Aldán: Xoves ás 16:30 horas. Próxima clase, xoves, 12 de novembro.

IES Rodeira: Martes ás 19:00 horas. Próxima clase, martes 3 de novembro. Para pais e nais con fillos e fillas escolarizadas en ESO ou Bacharelatos de calquera instituto.

Para mais información, poden contactar con Alberto Casqueiro Iglesias, técnico responsable da actividade, no teléfono 986.303.402 ou na UAD, Avda. Ourense, 46.

30 de outubro de 2015 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.