publicidade hoxe

Sanidade cre lóxico pensar que o neno de Boiro faleceu por meninxite

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía da Consellería de Sanidade, Xurxo Hervada, manifestou este martes que confía en que “a última hora de hoxe ou mañá” estean os resultados das análises para confirmar se a causa de falecemento de neno de Boiro por sepse bacteriana se debeu a meninxite.

En declaracións, Hervada apuntou que agora “non se pode dicir que é unha meninxite”, pero considerou “lóxico pensar que pode ser” debido ás “características clínicas do caso”.

Ao respecto, puntualizou que “non se detectaron en toda Galicia” nin “en todo o ámbito” do neno máis casos tras o falecemento este domingo no Hospital Clínico de Santiago por sepse bacteriana dun menor dun ano de Boiro.

O Laboratorio de Microbioloxía do complexo hospitalario compostelano traballa na análise para confirmar o axente bacteriano que causou o falecemento deste menor.

Tanto os familiares que convivían co neno como os compañeiros da escola infantil e as coidadoras que o atendían recibiron as recomendacións e a profilaxe oportuna preventiva nestes casos.

Neste caso, os afectados son os familiares e aqueles nenos (uns 25) e coidadores (sete) que estiveron en contacto co neno falecido na gardaría.

CAMPAÑA 14-15

Na pasada campaña, entre outubro de 2014 e setembro de 2015, en Galicia detectáronse 35 casos de meningococo en toda a poboación, entre os que se rexistraron dous falecidos.

Hervada sinalou que deles 15 casos se corresponderon con menores de cinco anos. De feito, comentou que son os nenos e os maiores de 70 anos os máis afectados.

27 de outubro de 2015 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.