publicidade hoxe

Salvaterra pecha o prazo para inscribirse no roteiro nocturno de Samaín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño pecha  hoxe o prazo para inscribirse no II ROTEIRO NOCTURNO DE SAMAIN, se a primeira edición foi todo un éxito, esta segunda superou todas as previsións en número de participantes.  Este ano auméntase percorrido e o número de actores que nos encontraremos nel.

41 grupos, e preto de 600 persoas participarán este sábado 31 de outubro no II Roteiro  Nocturno de Samaín, o primeiro grupo sairá ás 20.00h da praza do Concello, e así progresivamente cada 7m cada grupo, hasta o último, cun percorrido de máis de 5km por diferentes lugares do centro urbano, preto de 90 minutos onde os participantes percorrerán os entornos da Vila e coñecerán o seu lado mais tenebroso, xa que durante todo o percorrido esperaranlles diferentes sorpresas que farán aínda máis divertida esta andaina nocturna.

Aos participantes recoméndaselle vir disfrazados, con calzado cómodo e cunha lanterna.

O percorrido rematará no recinto amurallado, máis concretamente no Castelo de Dona Urraca, e ao remate haberá para todos os participantes chocolate quente.

28 de outubro de 2015 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.