publicidade hoxe

Salceda ten unha cita coa Marcha BTT esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSalceda de Caselas
A-
A+

Esta mañá presentouse na Casa da Cultura Castelao a VIII Marcha BTT organizada polo Club Ciclista Aragonta, e que se vai celebrar este domingo en Salceda de Caselas. A marcha complétase ademáis coa celebración da IX andaina “Coñece o teu entorno” e co I Trail, ofrecendo así diferentes alternativas para a mañá do domingo. Entre as tres probas calcúlaseunha participación de unhas 700 persoas, manténdose a inscriciónaberta ata o vindeiroxoves.

Na rolda de prensa estiveron presentes por parte do Club Ciclista Aragonta Miguel Fernández, Presidente do Club, e Marcos Romero, vogal da Xunta directiva. Por parte do Concello estiveron presentes Carla Pérez, Concelleira de Deportes, e Marcos Besada, Alcalde de Salceda.

A VIII edición da BTT consta de un percorrido de 50 km, aínda que existe unha alternativa máis curta de 35 km. A organización califica a proba coa dificultade medio-alta, con trialeras e con ascensos e descensos pronunciados.

No caso do I Trail, consta dunpercorrido de 15 km con 900 metros de desnivel, a través de sendeiros, cortafogos, descensos… dando así resposta á cada vez maior demanda deste tipo de probas relacionadas corunning.

Carla Pérez, Concelleira de Deportes, felicitouao Club Ciclista Aragontapolasúa labor organizando estas e outras probas ao longo do ano. Por outra banda recoñeceu a destacada labor que fai o club na divulgación e coñecemento dos espazosnaturais de Salceda, organizando probas que dan a coñecer as sendas, o patrimonio…

Miguel Fernández, Presidente do Club, agradeceu a colaboración das casas comerciais e do Concello, que sempre está a disposición desta e outrasascociaciónsneste tipo de eventos. Por outra banda, lembrou que a proba deste ano vaiadicadaaoseu Presidente de Honra, Manuel Prego Español, falecido este ano tras sufrir precisamente un accidente cando practicaba ciclismo. Nasúalembranza os cartaces anunciadores da proba lucen un crespón negro conmemorativo.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou o especial agarimo que lle ten a este club, que ao igual que outras asociación de Salceda, naceu no ano 2007, no ano do cambio de goberno en Salceda. Destacou a idoneidade de Salceda para acoller probas de deportes vinculados ánatureza, amosando así o seu patrimonio xeográfico, cultural, dos ríos e as sendas… Amosoutamén o apoio do Concello para todo este tipo de actividades, e agradeceutamén o apoio de Frigolouro e do Grupo Coren, que unha vez máisrespostan á chamada do Concello para colaborar neste e noutros eventos.  

6 de outubro de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.