publicidade hoxe

Salceda de Caselas inicia un programa de apoio lingüístico para menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

As Concellarías de Ensino e Voluntariado do Concello de Salceda de Caselas, dirixidas por Tere Pérez e Carla Pérez respectivamente, van poñer en marcha a II edición do Programa de Apoio Lingüístico para nenos e nenas inmigrantes escolarizados no municipio.

Trátasedunhas sesión que se realizan duas tardes por semana nas que componentes do Voluntariado de Salceda de Caselas realizan actividades e xogos para lograr unhamaior inmersión lingüística cos cativos inmigrantes e procedentes doutras culturas. O pasado curso o programa adicouse a nenos e nenas procedentes de Marrocos, pero neste curso prantéxasetamén a opción de incluír a cativos chineses.

O programa ponse en marcha en coordinación cos equipos de orientación do CEP Altamira e do CRA RaíñaAragonta, que son os encargados de establecer os casos que participan no programa, e de trasladarlles a información ás familias para que coñezan de primeiraman a iniciativa.

No curso pasado plantexouse esta posibilidade, que tivomoi boa acollida entre o voluntariado, polo que nesta ocasión volve repetirse. Neste curso serán catro as voluntarias que se encarguen da actividade, da que se van ver beneficiados uns nove cativos. Os equipos de orientación dos centros escolares valoraron moi positivamente os resultados obtidos na primeira edición do programa, polo que eles mesmos solicitaron a continuidade do mesmo, agradecendo de antemán a enorme labor das voluntarias, que se prestan a estas e outras iniciativas de xeito totalmente desinteresado.

Carla Pérez, Concelleira de Voluntariado: “O Banco de Voluntariado de Salceda segue a dar exemplo da sua boa predisposición e traballo, sendo un grupo fundamental para o funcionamento de eventos e actividades que se veñendesenvolvendodendo o Concello e dende o tecido asociativo de Salceda”

Tere Pérez, Concelleira de Ensino e Benestar Social: “é un enorme orgullo para nóspoderlle ofrecer este programa ás familias que elixen Salceda como lugar de residencia. Agradecemos o esforzó e o interese por parte dos centros educativos neste tipo de iniciativas que están a resultar de grande axuda para estespequenos”.

28 de outubro de 2015 | 11:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.