publicidade hoxe

Rueda visita as obras de mellora dos xulgados de Viveiro nas que se investen 280.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

O vicepresidente, Alfonso Rueda, visitou hoxe os Xulgados de Viveiro, nos que a Xunta realizou unha importante reforma cun investimento de case 280.000 euros. Rueda estivo acompañado do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, e do director xeral de Xustiza, Juan José Martín.

Estas obras de mellora consistiron nunha primeira fase na substitución da carpintería exterior, impermebilizar e mellorar a calefacción, e no transcurso das cales se detectou a necesidade de substituír a cuberta do edificio, que se acometeu nunha segunda fase.

Rueda manifestou que as reformas eran unha necesidade constatada e mostrouse moi satisfeito polas melloras, que beneficiarán tanto ao persoal dos xulgados como aos cidadáns de Viveiro e comarca que se achegen ata alí para realizar, por exemplo, trámites no rexistro.

A actuación de Viveiro é unha mostra máis do compromiso da Xunta de Galicia coa Administración de Xustiza. Así, incluso en anos de crise os orzamentos destinados a este servizo público non se reduciron, senón que foron gañando sempre peso nas Contas Xerais.

Dentro da aposta pola Xustiza destacan dous grandes plans. Dunha banda o Plan Senda, para dotar de novas tecnoloxías á Administración de Xustiza e adaptala ao século XXI; e doutra, o Plan de Infraestruturas Xudiciais.

No marco deste último plan fixéronse dous novos edificios xudiciais en Santiago e Ourense, asía de hoxe plenamente operativos. Ademais, estase en plana rehabilitación da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña para o seu uso xudicial e en breve arrincarán as obras do novo edificio xudicial de Pontevedra.

Ademais destas grandes obras, o Plan de Infraestruturas Xudiciais tamén recolle actuacións menores en xulgados que o necesitan. Obras menos vistosas ou espectaculares pero que resultan moi necesarias, como en Viveiro, onde se fixo un grande investimento. No último lustro, a Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros neste tipo de ‘obras menores’.

23 de outubro de 2015 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.