publicidade hoxe

‘Rosa caramelo e outras historias’ represéntase en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Talía Teatro representará  o  venres, día 23 de outubro, representará a súa nova proposta para público infantil, ‘Rosa caramelo e outras historias’ na Casa da cultura “Ramón Martínez,  López”construída a partir de catro relatos da italiana Adela Turín que lles dan a volta aos roles de xénero.

A compañía galega contou con Paula Carballeira –autora teatral, poeta, narradora oral, actriz e integrante da compañía Berrobambán– para dirixir esta montaxe, que poñen en escena o actor Artur Trillo e o acordeonista Fernando Fraga.

REFERENTE DA EDUCACIÓN NA IGUALDADE

A montaxe pensada para nenos-as de entre 4 e 8 anos de idade, combina a palabra e a música en directo para  achegarlle ao público os relatos de Adela Turín, que comezou a publicar a súa colección de historias fabuladas fai máis de 30 anos no seu país natal, converténdose axiña nunha serie de referencia internacional para a educación na igualdade.

Agora Talía teatro leva a escena “Rosa caramelo”, “A historia dos bonobos con lentes”, “Unha felíz catástrofe” e “Artur e Clementina”, relatos públicados en galego, catalán e castelán por Kalandraka dentro da colección dedicada á autora italiana. A través deles e segundo a compañía, “o espectáculo contribúe a desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre certas actitudes e aptitudes de mulleres e homes”

21 de outubro de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.