publicidade hoxe

Ribadumia ofrece un curso gratuíto de iniciación a tenis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia ofrece para o mes de outubro un cursillo gratuíto de iniciación a tenis que comezará o mércores 14 de outubro con unha duración de tres semanas.

Este cursillo xorde co obxectivo de que os veciños de Ribadumia coñezan de forma gratuíta a NOVA ESCOLA MUNICIPAL DE TENIS DE RIBADUMIA, que conta con novos profesores titulados.

O cursillo impartirase os mércores a partir das 18:30 horas no Pavillón de Ribadumia e haberá un único grupo. Os interesados poden solicitar máis información ou inscribirse nas oficinas do Concello de Ribadumia en horario de 08:00 a 15:00 horas.

Nova Escola Municipal de Tenis

Unha vez rematado o cursillo, os interesados poderán continuar a partir do mes de novembro coas clases da nova Escola Municipal de Tenis de Ribadumia, que este ano conta con novos profesores titulados e con experiencia na docencia que proceden do Club de Tenis de Cambados.

A Escola comezará en novembro e dependendo dos inscritos se fará en grupos divididos por niveles e idades. Ó igual que o cursillo, tamén se impartirá os mércores no Pavillón Municipal de Ribadumia e o horario dependerá dos grupos.

Dende o Concello de Ribadumia espérase que a Escola conte con unha boa acollida entre os veciños, e invítase a todos os interesados a probar de forma gratuíta o cursillo de iniciación que se celebrará no mes de outubro. 

13 de outubro de 2015 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.