publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ribadumia celebrará o Samaín no Centro Social de Barrantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia organiza para este sábado 31 de outubro a coñecida celebración do Samaín con motivo da festividade do primeiro de novembro. Na organización tamén colaboran as  ANPAs de Ribadumia, a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia e a Asociación Herminio Barreiro.

A celebración terá lugar este sábado no Centro Social de Barrantes a partir das 17:30 horas, hora á que dará comezo a recollida de cabazas para o “Concurso de Cabazas Decoradas” que se celebrará este ano.  As tres mellores cabazas, que serán elixidas tendo en conta a súa orixinalidade ou deseño, entre outros, recibirán un premio en metálico; e a entrega de premios farase a partir das 19:30 horas.  

O resto de actividades que se celebrarán con motivo da recoñecida festividade arrancarán ás 17:30 con música e baile de disfraces que correrá a cargo da discoteca móvil Galimovil. Ás  21:00 horas, despois da recollida de premios do concurso, tamén terá lugar a tradicional procesión de defuntos polas rúas de Barrantes e, cando esta finalice,  todos os que o desexen poderán continuar con baile e máis animación no Centro Social de Barrantes. 

Por todo iso, dende o Concello de Ribadumia animamos tanto a pequenos como a maiores a participar este sábado das actividades organizadas con motivo do Samaín, e recordamos que é condición imprescindible vir disfrazados. 

29 de outubro de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.