publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rey Varela entrevístase coa alcaldesa de Mondoñedo para coñecer de primeira man as demandas do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedo
A-
A+
Rey Varela na reunión coa alcaldesa de Mondoñedo

Rey Varela na reunión coa alcaldesa de Mondoñedo

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta tarde coa alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, nun encontro de carácter protocolario no que o titular autonómico repasou as demandas e necesidades en materia social que ten o devandito municipio lugués. Esta xuntanza inaugura a rolda de entrevistas que Rey Varela ten a intención de manter cos rexedores e rexedoras dos concellos galegos co obxecto de informarse das súas peticións e de explicarlles as liñas de actuación que manterá a Xunta de Galicia na área Social durante o vindeiro ano 2016.

27 de outubro de 2015 | 20:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.