publicidade hoxe

Regresa a festa do viño novo Arantei o 15 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSalvaterra de Miño
A-
A+

festa-vino-aranteiO vindeiro 15 de novembro celébrase a XVII Festa do Viño Novo Arantei (Salvaterra de Miño). O programa dará comezo ás 12.00 h. coa lectura do pregón e a animación correrá a cargo da charanga Os Imperiais (As Neves) e o grupo de gaitas Mercé de Chaín (Nigrán). Contarase cunha gran tómbola con grandes premios e farase unha mostra de fotos da vendimia.

Os actos desenvolveranse no pavillón de deportes de Arantei e contarase con viño gratis a partires das 11.00 h. da mañá, ademais de polbo, orella, callos, empanada, lamprea rechea…

30 de outubro de 2015 | 11:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.