publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Primeiras xornadas micolóxicas en Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades organiza as súas primeiras Xornadas Micolóxicas, que terán lugar o sábado 14 de novembro. Unhas xornadas abertas a todos os públicos, se ben os veciños e veciñas empadroados en Frades terán prezos especiais: 15 euros adultos e 7 euros menores de 12 anos, fronte aos 22 euros adultos e 14 euros menores non empadroados. As inscricións deberán realizarse antes do 4 de novembro no Concello de Frades (981 695 567).

As I Xornadas Micolóxicas comezarán ás 9:00 horas do sábado 14 de novembro cunha charla de introdución á micoloxía a cargo de Martín Souto, biólogo da USC, que lles ensinará aos presentes as diferenzas entre comestibles e tóxicas. Tras un pequeno refrixerio, os participantes sairán a un monte cercano a recoller cogomelos.

Ás 14:30 horas terá lugar un xantar-degustación nun restaurante do concello e pola tarde, ás 17:00 horas, o multiúsos de Frades acollerá unha sesión de identificación e exposición dos cogomelos apañados durante a mañá.

O número de prazas é limitado, tendo preferencia os empadroados no Concello de Frades. Para levar a cabo a actividade será preciso xuntar un mínimo de 15 participantes e os menores de idade deberán ir acompañados por un adulto.

13 de outubro de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.