publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Primeira tirada de bolos da tempada en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesXove
A-
A+

Primeira tirada da tempada, cun campo seco e un pouco irregular; se a isto lle sumamos que estamos a comezos de tempada e os xogadores inda non colleron ritmo, tivemos que a  maioría dos xogadores acadaron uns tanteos por debaixo das súas posibilidades. Excelente participación para ser a primeira tirada con 29 inscritos.

Liga Senior Masculina.- Victoria clara de Alex Meitín, campión da tempada 2013/2014, quen demostrou que, se pode asistir regularmente ao campioanto (xoga de delantero na U.D. Xove-Lago), vai ser un dos principais candidatos ao título, senón o principal. Trátase dun xogador que comezou a súa andaina neste deporte dende neno,  tendo nos últimos anos unha progresión espectacular, o que sumado a súa gran envergadura (ten uns brazos moi longos) fai que as súas condicións para práctica deste xogo sexan inmellorables. A segunda posición foi para outro clásico deste deporte, José Manuel Cociña, que se ben non está no seu mellor momento físico, si mantén dende hai anos un nivel moi aceptable, estando só un escalón  por debaixo dos grandes favoritos. No terceiro posto Francisco Pérez, outro xogador que sen dúbida vai contar para o podium final. Cuarto quedou outro dos grandes animadores, José Rafael González, quen xa sumou os seus primeiros puntos na súa tentativa de mellorar o subcampionato da pasada tempada.

Liga Senior Feminina.- Poucos cambios nesta Liga, onde o grupo gañador da pasada tempada sigue mandando nesta, e xa dende o comezo marcan a diferenza co resto das participantes. Belén Meitín, Carmen Roca e Salomé Cardoso van ser as principais candidatas ao podium final, en un escalón máis baixo Salomé Bermúdez, Paula Campo e Concepción Piñeiro tentarán, ao longo de toda a tempada, subir a algún deses escalóns de privilexio ocupados polas tres primeira citadas. Destacamos a participación nesta primeira tirada, importante ao tratarse da categoría feminina. En Xove, o mesmo que noutros lugares, o xogo dos bolos tradicionalmente sempre foi un xogo de homes, dahí que abrilo ás mulleres sexa un paso moi importante.

Liga Sub 16.- Das recentes Xornadas de Promoción dos Bolos no IES Illa de Sarón esperamos captar algúns xogadores para esta Liga, co fin de ir renovando e sumando savia nova a este deporte, que é o único que pode garantir o seu futuro. Nesta primeira tirada tivemos tres novas incorporacións (2 rapaces e 1 rapaza) que nunca asistiran; trataremos de que se queden e ir incorporando algún máis ao longo da tempada. No que a competición se refire, o vixente campión comezou impoñéndose con absoluta claridade; vai ser difícil que algún dos xogadores o poida inquietar, polo que é máis que seguro que repita victoria. Estamos a falar, claro está, de Daniel Alonso, que polo seu xogo e as súas condicións físicas, xa pode ir pensando en subir de categoría; non nos cabe ningunha dúbida de que no seu nivel actual de xogo podería competir perfectamente cos grandes na categoría senior.

A vindeira tirada vai ter lugar no CLUB PALMEIRO, O VINDEIRO SÁBADO, 10 DE OUTUBRO  DE 2015. 

6 de outubro de 2015 | 10:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.