publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Portos de Galicia impulsa a valorización dos residuos recollidos polas concesionarias da limpeza portuaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do Caramiñal
A-
A+

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou hoxe o peirao comercial da Pobra do Caramiñal para presentar, xunto coa empresa concesionaria, os servizos, medios humanos e materiais para a limpeza das instalacións portuarias.

Segundo sinalou o presidente do ente público “Portos de Galicia impulsa a valorización dos residuos recollidos polas empresas concesionarias do servizo de limpeza das zonas portuarias e, nesta liña, o ente público incluíu nos pregos de condicións para a contratación deste servizo a obriga de separación, reciclaxe e reutilización da maior porcentaxe posible do total do material que as empresas recollan dos peiraos autonómicos”.

Así, nos últimos meses, Portos de Galicia abriu os procesos correspondentes á contratación do servizo de limpeza portuaria unificado en 69 portos pertencentes á provincia de A Coruña, que van desde o porto de Bares, no concello de Mañó, ata Rañó, no municipio de Rianxo.

A empresa concesionaria do servizo de limpeza de residuos sólidos que se depositan e se producen nos portos, explicou cales son os medios materiais e humanos dos que dispoñen para manter os portos autonómicos en condicións de salubridade e hixiene, segundo as características das instalacións portuarias. Neste senso, o representante da empresa realizou unha explicación das características técnicas e específicas deste servizo. Como novidades, con respecto ao concurso anterior, refórzanse tanto os elementos materiais como os humanos, de xeito que os portos estarán en todo momento nas mellores condicións para o seu uso.

8 de outubro de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.