publicidade hoxe

Ponte Caldelas celebrará este martes o Día da Biblioteca cunha serie de actividades de animacion á lectura e unha actuación musical

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas celebrará mañá martes o Día da Biblioteca cunha serie de actos de animación á letura no que participarán tanto usuarios como o trío musical “Laranxada de Limón”.

Esta xornada reivindica o papel cultural e formativo das bibliotecas e procura a participación activa dos usuarios deste centro coa letura coletiva dunha escolma de obras de autores da literatura galega, española e universal intercalada con actuacións musicais a cargo dos compoñentes do trío local “Laranxada de Limón”. 

Desde o ano 1997, cada 24 de outubro, conmemórase o Día Internacional da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no ano 1992, durante o conflito balcánico. A iniciativa naceu co firme compromiso de fomentar o encontro dos lectores coa cultura, destacando as bibliotecas como centros socializadores e integradores.

Este ano encárgase a un escritor e a un ilustrador, ambólos dous de recoñecido prestixio, a redación do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre tódalas bibliotecas de España, asociados e interesados. Este ano os actores selecionados son Diego Arboleda, Premio Nacional de Literatura Infantil 2014 e a ilustradora Leticia Ruifernández, respectivamente.

19 de outubro de 2015 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.