publicidade hoxe

Pleno ao quince en Majadahonda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén cumplio en Majadahonda con outro tres puntos e xa van 15, con pleno, en cinco xornadas de cinco. As pupilas de Iván Cao, Lucas, levaron a batuta en dominio, posesión e ocasións ante un rival á espera de poder ferir en contragolpe.

A pesar do perigo xerado sobre a área madrileña, as mariñás tiveron que conformarse cunha escasa renda ao descanso, tras o 0-1 materializado por Gaby no minuto 14 plantándose soa ante a portaría local, tras roubo de balón.

Ao regreso dos vestiarios, o Majadahonda igualou no minuto 23, con Celia, tras saque de esquina. Con todo, o Burela FS Pescados Rubén non estaba disposto a ceder máis terreo e traballou para afinar puntaría. No minuto 29, Ceci asinou o 1-2, de dobre penalti. Para ampliar a vantaxe, a escuadra laranxa tivo que armarse de paciencia até o último cuarto do segundo período, con reaparición de Gaby (minuto 35) desde un córner e finalmente con Peque (minuto 38), tras roubo cando xa apostaba o Majadahonda por porteira xogadora.

17 de outubro de 2015 | 23:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.