publicidade hoxe

Os pupilos de Juanma Marrube visitan a Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

Os pupilos de Juanma Marrube visitarán este sábado a pista da Estrada FS (19.00, pavillón Coto Ferreiro), na cuarta xornada de Terceira División. “É un equipo veterano, firme candidato ao ascenso. O ano pasado xa pelexou co Xove FS para subir” aseguraba o técnico laranxa dun rival que, a pesar da súa fortaleza, tampouco se lles dá mal aos da Mariña. “Na tempada pasada gañamos en Vista Alegre e empatamos na Estrada”, puntualizaba Juanma.

Fronte ao único punto dos laranxas, tras o empate con Santiago na xornada inaugural, A Estrada FS ocupa a quinta praza con 7 puntos, despois de empatar fronte a Pazos de Borbén (55-) e gañar a Casás (4-3) e Vilalba (3-5).

22 de outubro de 2015 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.