publicidade hoxe

Os pendellos de Agolada recibirán a máis de 150 visitantes da provincia da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgolada
A-
A+

O vindeiro día xoves 22 está prevista a chegada ate o Concello de Agolada de máis de 150 visitantes que dende a provincia de A Coruña se achegarán para desfrutar dos atractivos turísticos de diferentes partes da nosa comarca dezá, entre os cuales se atopan os recentemente homenaxeados no día Internacional da Arquitectura, Pendellos de Agolada.

A visita polo recinto terá como guía a Inmacula Galego, Técnico de Cultura do Concello de Agolada, quen explicará os usos, costumes, proxecto de rehabilitación e posta en valor de este emblemático lugar. Todo isto discurrirá a media mañá. 

Nova tempada de baile

Por outra banda, as inclemencias e a próxima chegada dos tempos fríos aconsellan a realización de actividades que procuren poñéndose a cuberto, poder desfrutar de boa compaña e pasar bos momentos.

Unha das mellores é sen dúbida, a de reunirse para bailar, falar e tomar algo en boa compaña, actos como os que unha vez máis invitan a facer os amigos da Asociación de Xubilados e Pensionistas San Pedro de Agolada que dende este domingo inician a tempada de baile 2015/2016.

21 de outubro de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.