publicidade hoxe

Os Orzamentos de 2016 reservan 18 millóns de euros para a autovía do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoaña
A-
A+
Ethel Vázquez na visita ás obras no corredor do Morrazo

Ethel Vázquez na visita ás obras no corredor do Morrazo

Ethel Vázquez destaca que os Orzamentos de 2016 reservan 18 millóns de euros para a autovía do Morrazo, a maior dotación presupostaria en materia de infraestruturas do vindeiro ano. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda supervisou hoxe o inicio das obras de conversión en autovía do corredor do Morrazo.

Este comezo das obras da autovía, no treito comprendido entre o enlace de Rande e de Domaio, supón a intervención ao longo de 3,2 quilómetros, cun prazo de execución de 24 meses, e que vai supoñer un investimento próximo aos 20 millóns de euros.

A actuación recolle varias estruturas singulares, como o viaduto no enlace de Rande sobre a glorieta existente, que conectará directamente o corredor e a autopista AP-9; o túnel de Montealegre, que permite respectar os restos arqueolóxicos existentes na zona; e o viaduto da Moura, sobre o río Minouva e a Poza da Moura.

Vázquez indicou que se trata dunha infraestrutura agardada e demandada na que na Xunta leva moitos anos traballando para cumprir coa palabra dada aos cidadáns e que os traballos de desdobramento no primeiro tramo do corredor se puidesen emprender antes de rematar o ano.

A conselleira salientou que para a Xunta é primordial dotar aos cidadáns do Morrazo dunha autovía libre de peaxe, que resolva os problemas de capacidade do corredor actual, xa que por esta vía circulan 15.000 vehículos cada día, 20.000 no verán. Neste sentido, engadiu que é imprescindible o incremento da seguridade e a mellorada estrutura territorial de comunicacións desta comarca co Eixo Atlántico.

Avances no cronograma

Ethel Vázquez explicou que neste ano 2015 licitarase o treito II entre o enlace de Domaio e o enlace de Meira, cun importe de case 18 millóns de euros.

Vázquez indicou que os Orzamentos da Xunta de 2016 son garante de poder seguir cumprindo os compromisos adquiridos cos veciños: adxudicar e iniciar as obras de desdobramento no treito II en 2016 e avanzar no treito III, correspondente ao enlace de Meira co 1º enlace de Cangas.

A titular de Infraestruturas subliñou que os Presupostos posibilitan seguir progresando na conversión do Corredor do Morrazo en autovía, mellorando a seguridade viaria e a competitividade desta zona, dous elementos imprescindibles para o progreso de Galicia.

 

22 de outubro de 2015 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.