publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os afeccionados á fotografía teñen un mes para presentar os traballos ao Concurso de Fotografía ‘Touro en Imaxes’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

Os afeccionados e amantes da fotografía teñen de prazo un mes para presentarse ao X Concurso de Fotografía ‘Touro en Imaxes’, organizado polo Concello de Touro. O 15 de novembro expira o prazo para presentarse a un concurso que cumpre 10 anos. A cita para os afeccionados á fotografía consta de tres apartados na categoría de adultos: Premio Especial Touro Natureza, Premio Especial Touro Patrimonio Histórico-Cultural e Tema Libre. Cada apartado está dotado cun premio de 300 euros. Pola súa banda, a categoría xuvenil conta co Premio Especial Touro Natureza e Premio Especial Touro Patrimonio. En ambos os casos o premio será unha tablet.

O Concello de Touro pretende cada ano, e con este xa son dez, con este concurso “contribúa á creación artística, fomentar a divulgación á fotografía e promocionar os recursos naturais e histórico-culturais do municipio”. Poderán participar todas as persoas físicas que cumpren o establecido nas bases. Cada autor ou autora poderá presentar un máximo de catro obras, que deberán ser orixinais, recentes e inéditas. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor.

O propio Concello de Touro exporá as fotografías gañadoras e tamén as demais participantes. Estes traballos pasarán a formar parte dun arquivo creado para uso municipal. Os interesados en presentarse ao concurso poden consultar as condicións da convocatoria en www.concellodetouro.com  ou no propio Concello, chamando ao número de teléfono: 981.504.029.

Os profesionais ou afeccionados que participen poderán presentar os seus traballos no rexistro do Concello ou enviando as obras por correo certificado en sobre pechado á seguinte dirección: X Concurso de Fotografía Touro en Imaxes. Concello de Touro. Fonte Díaz, s/n. 15822. Touro. A Coruña.

15 de outubro de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.