publicidade hoxe

Oroso conmemora o Día da Biblioteca coa actuación de Fanfarra Títeres que representará “Soñador de historias”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso conmemorará mañá venres 23 de outubro o Día da Biblioteca cunha actuación de Fanfarra Títeres, que representará “Soñador de historias” ás 18:00 horas no centro cultural Fernando Casas e Novoa. A actuación está organizada polo Concello de Oroso, en colaboración coa Deputación da Coruña, e a asistencia é totalmente libre e de balde.

O protagonista de “Soñador de historias” é o rato Sebastián, un rato cunha imaxinación enorme, capaz de soñar coas historias máis fermosas e misteriosas. Por outra banda, Braulio é un sabio bibliotecario e escritor que manexa todos os títulos e historias coñecidas ou descoñecidas. Son xa moitos anos nos que Braulio visita a Sebastián cada noite aproveitando seu profundo soño para espiar os seus soños e anotar todas as historias que o rato relata en voz alta mentres imaxina e soña.

22 de outubro de 2015 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.