publicidade hoxe

Oito persoas feridas nunha colisión en Guntín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuntínSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha colisión entre un coche e unha furgoneta na N-540, nas inmediacións de Guntín, deixou a oito persoas feridas na mañá deste mércores nun accidente ocorrido sobre as 9,10 horas, segundo informa o 061 Urxencias Sanitarias de Galicia.

Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Chantada e o GES de Monterroso para excarcerar a unha persoa que viaxaba no coche, segundo explicou Emerxencias 112. Até o lugar tamén se trasladou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, tres ambulancias e persoal sanitario do centro de saúde de Guntín.

Os oito feridos foron trasladados ao Hospital Lucus Augusti de Lugo. Son catro mulleres e catro homes, con idades comprendidas entre os 24 e os 69 anos.

Os catro homes son: J.F.R.V. (de 69 anos), que foi levado no helicóptero ao HULA; J.J.P. (52 anos); J.S.E. (32 anos); e J.P. (61 anos). As mulleres son: E.L.J. (24 anos); J.L. (31 anos); K.S. (49 anos) e J.K.H. (47 anos).

28 de outubro de 2015 | 11:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.