publicidade hoxe

O Samaín en Cambre contará cunha versión de Thriller de Michael Jackson

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

A OMIX organizou hoxe unha serie de actividades para festexar o Samaín en O Amorne. Desde primeira hora da mañá os mozos do municipio participaron nun obradoiro de maquillaxe na Casa da Xunventude. Prepararon, ademais, unha coreografía coa música do histórico hit “Thriller” de Michael Jackson que bailarán esta mesma tarde no parque Ramón Barba e que gravarán a modo de “videoclip”, para que quede para a posteridade a súa propia versión do éxito de Jackson. Sobre as 19.30 horas haberá unha sorpresa final para os participantes no magosto solidario que se celebra á mesma hora.

30 de outubro de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.