publicidade hoxe

O Ribeira chega a Vista Alegre liderando a táboa de terceira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

Os pupilos de Juanma Marrube regresan a Vista Alegre este sábado (16.00 horas) coa visita do Ribeira FS, que encabeza a clasificación, con 6 puntos. O CD Burela FS Pescados Rubén B prepara o seu terceiro compromiso ligueiro despois de non poder regresar de Vigo con puntos. O cadro mariñán caeu 3-1 ante o Talleres ABC Olivo FS nun encontro no que ambas as escuadras tardaron en atopar a portería. Os laranxas tomaron a dianteira no minuto 31, nas zapatillas de Dani Gigirey, pero os locais recuperaron o equilibrio no 36, dende saque de esquina. Reaccionaron os de Juanma con xogo de cinco liderado por Aitor a falta de pouco máis dun minuto para a bucina final, pero a fortuna viroulles as costas, con dúas dianas do Olivo na recta final a porta baleira.

Dani foi expulsado por dobre amarilla no minuto 33.

15 de outubro de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.