publicidade hoxe

O rexedor de Ponte Caldelas asiste ao inicio do curso de inglés da asociación de mulleres rurais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Visita do alcalde ao curso de inglés

Visita do alcalde ao curso de inglés

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, asistiu ao inicio do curso de inglés organizado pola Asociación de Mulleres Rurais “Aires del Norte y Olé” no Centro Cultural e ao que asisten unha vintena de participantes. O rexedor aproveitou a súa visita para entregarlle a membros de esta entidade os diplomas acreditativos de ter asistido ao pasado curso de Primeiros Auxilios celebrado ao amparo do programa Pensa en Ti da Deputación de Pontevedra.

Andrés Díaz agradeceu á presidenta, Dolores Padín, a súa invitación a este acto e animou a tódolos participantes, maioritariamente mulleres, a aprender un idioma universal como o inglés que tanto uso e facilidades de comunicación ten hoxendía.

Díaz felicitou tamén aos que obtiveron o diploma de asistencia ao cursiño de Primeiros Auxilios que considerou unha ensinanza moi útil e interesante “para poder facer fronte a calquera imprevisto que se poida dar na vida cotiá e que moitas veces non sabemos a ciencia certa como debemos proceder”.

Finalmente os alumnos e o alcalde bromearon sobre a idoneidade de facer unha viaxe a Londes con motivo do peche deste curso, que agora comeza, como xeito de comprobar o nível dos coñecementos acadados.

6 de outubro de 2015 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.