O prazo para apuntarse no curso de manualidades de Ribadumia finaliza o 29 de outubro
Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Ribadumia volven a organizar un ano máis un Curso de Manualidades. O curso impartirase un día por semana (xoves) durante tres horas e comezará a partir do 5 de novembro.
Os interesados deberán apuntarse antes do día 29 de outubro nos Servizos Sociais Comunitarios do concello, os martes e xoves en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Os alumnos aprenderán a elaborar distintos traballos con técnica tridimensional, estaño, madeira, cristal, decoración de escaiola, pintura en tela e en metal, cadros de area e de fío…