publicidade hoxe

O pai de Asunta mostra a súa sorpresa porque non tiña coñecemento de que alguén fose a Teo o 17 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaTeo
A-
A+
Europa Press

O pai de Asunta, Alfonso Basterra, mostrouse “sorprendido” porque, segundo dixo, “non tiña coñecemento” de que alguén estivese na casa de Montouto, en Teo (A Coruña), o martes 17 de setembro, a véspera do día en que a menor non foi a clase por atoparse mal.

Así, negou ir el até alí coa nena, e afirmou descoñecer quen foi, nunha xornada -catro antes da morte de Asunta- que os investigadores sitúan como un posible ensaio do asasinato.

A continuación, nun tenso interrogatorio ao que está a ser sometido polo fiscal, Basterra, sempre tranquilo e con actitude chulesca, pediu por favor a Jorge Fernández de Aránguiz que non se refira a Asunta como “o cadáver”. “É un trazo de humanidade, pídollo”, implorou.

2 de outubro de 2015 | 11:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.