publicidade hoxe

O obxectivo do Burela en Santa Coloma será recuperar a intensidade defensiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén xa está no destino da 7ª xornada de Primeira LNFS para medirse mañá ao Catgas Energía Santa Coloma (20.45 horas, pavillón Nou). Os mariñáns traballaron esta semana para recuperar os seus sinais de identidade, para saír con actitude e concentración e frear a avalancha ofensiva dos locais.

No Nou, o Burela FS, desde a novena praza con 5 puntos, poñerá a proba a un dos máximos goleadores da táboa, con 27 goles a favor, e con Corvo liderando o ránking de artilleiros da liga, con 8 tantos.

“Se recuperamos a nosa intensidade defensiva podemos regresar con algo positivo. Esa é a mellor forma de esquecer a tolemia do empate con Jumilla e de demostrar que este equipo pode dar moitas alegrías” aseguraba Edu. “Temos que mirar cara adiante; a competición está empezando e a táboa está moi apertada. Estamos a tan só tres puntos do oitavo e todo o vestiario está mentalizado de que temos que mellorar e así faremos” explicaba o gardameta naronés.

Na expedición Daniel Ibañes, que realizou a última sesión preparatoria a primeira hora da tarde, tamén viaxou Isi, que non puido participar ante Jumilla por unha pequena rotura de fibras. 

22 de outubro de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.