publicidade hoxe

O Obradoiro de Emprego do Grove tamén se suma as celebracións do Samaín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Mañá xoves, dende as 16.30 da tarde e ata as 19.30 os participantes do Obradoiro de Emprego do Concello do Grove que están realizando a súa formación no Curso de Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo e Infantil poñerán en práctica os seus coñecementos coa organización dun evento específico para celebrar o Samaín.

Segundo o programa deseñado polas persoas en formación haberá maquillaxes e disfraces terroríficos, manualidades de ultratumba, contacontos (“Medo no corpo con historias de máis alá”) e globloflexia. Os interesados e interesadas en participar tan só terán que achegarse á Carpa Institucional do Concello do Grove que estará ocupada na súa totalidade (tanto no audiotorio como na zona expositiva) por estas actividades lúdicas. 

28 de outubro de 2015 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.