O multiusos de Arcade acolle un Festival de Canto Coral
O Concello de Soutomaior organiza un Concerto de Canto Coral mañá sábado. O recital será totalmente gratuíto e terá lugar a partir das 19:30 horas no edificio Multiusos de Arcade. Cunha duración prevista dunha hora e media, cada grupo coral interpretará varias pezas musicais até completar un repertorio cheo de obras clásicas da tradición popular galega.
O festival contará coa participación da Coral Polifónica Soutomaior e a Coral de Voces Amigas de Moraña.O evento ten o propósito de estimular a práctica da música sinfónico coral e xerar un espazo de encontro entre persoas que valoran o crecemento cultural e humano a través da música.