publicidade hoxe

O mago Carlos Tomico animará o ‘Venres do ateneo’ en vésperas da noite do Samaín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O mago pontevedrés Carlos Tomico vai ser o artista invitado esta semana nos ‘Venres do Ateneo’, en vésperas da noite do Samaín. Na súa actuación, a partir das 21:00 horas, fará un percorrido polo seu repertorio de trucos, entre os que destacan os xogos de mentalismo, ademais das súas habilidades cos naipes e do seu talento para o humor. O lema dos seus espectáculos é, precisamente, “ilusionismo con desgarbo”.

Por outra parte, este xoves rematará o ciclo de cine sobre “Inmigración e refuxiados” que o Ateneo Santa Cecilia comezou este mes ao recuperar o antigo cineclub. A Biblioteca Pública Municipal acollerá a proxección do clásico de 1940 “Las uvas de la ira”, dirixido por John Ford.

E ata o sábado día 31 pódese visitar no local do Ateneo a exposición “Historia do cómic desde as orixes”, que consta dunha selección de publicacións do coleccionista marinense Xoán Bernárdez.

26 de outubro de 2015 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.