publicidade hoxe

O IES Brión será un dos tres centros da provincia que participarán na III Semana Europea da Programación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónLocal Portada
A-
A+

O IES Brión participará o próximo xoves 15 de outubro na terceira edición da Semana Europea da Programación, unha iniciativa organizada pola Deputación da Coruña en colaboración coa Universidade da Coruña. A concelleira de Ensino de Brión, Iolanda Bouzas, explica que “o obxectivo desta actividade é sensibilizar na programación aos nenos e xovenes, así como fomentar as súas competencias e habilidades tecnolóxicas”.

A idea fundamental desta iniciativa é amosarlles aos nenos e nenas de Brión como poden facer realidade as súas ideas a través da programación, ao tempo que divulga esta disciplina entre o alumnado, elimina mitos sobre a programación e motiva aos alumnos a interesarse por esta formación. Para iso, os rapaces e rapazas do IES Brión participarán nun obradoiro de introdución aos novos sistemas de programación para nenos baseados en vovacións STEM (Science, Technology, Engineering, Mathematics).

O IES Brión foi un dos tres centros escolares seleccionados na provincia por Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea, para participar na Semana Europea da Programación. Os outros dous centros que participarán na iniciativa son oIES A Cachada (Boiro) e o IES Isidro Parga Pondal (Carballo), os días 14 e 16 de outubro, respectivamente.

7 de outubro de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.