publicidade hoxe

O grupo de teatro do Centro Municipal do Maior de Catoira estrea a obra “Ai, Dios mío! Ora pro nobis”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

O grupo de teatro do Centro Municipal do Maior de Catoira, A Farándula da Fontegaiteira, estrea este sábado 3 de outubro a súa segunda obra “Ai Dios mío! Ora pro nobis”.

Nun aparentemente tranquilo convento de monxas irrompe a tuna pensando que alí hai unha festa, pero o que atoparán será unha lea de túnicas: as monxas están en estado de boaventura, agardando churumbeles e o Padre Serafín ten que botalas á rúa. Dúas horas despois da escena primeira, todos buscan unha solución para a situación das monxas. Cal será esa posible saída de escape? Pois montar un comedor económico para axudar os máis necesitados. Pero se o convento era unha casa de tolos, o novo fogar das monxas será inda máis delirante.

Divertidísima comedia, cun reparto de 19 actores e actrices entregados ó máximo, nesta obra con aires de musical puramente galego, ideada por Carlos Goldar, Francisca e Fátima Rey.

A obra que todos quererán volver a ver sobre un escenario.

2 de outubro de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.