publicidade hoxe

O Grove organiza unha xornada de formación sobre alérxenos destinada á hostalería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Logo da entrada en vigor do Regulamento 1169/2011 relativa á xestión dos alérxenos en alimentación hai xa máis dun ano, os hostaleiros seguen manifestando dúbidas no relativo a aplicación desta normativa. Deste xeito, e tendo en conta as demandas deste colectivo, o Concello do Grove ven de organizar unha charla informativa onde os participantes poderán recibir información clara e completa do asunto e poderán plantexar as súas dúbidas e inquedanzas.

A charla terá lugar na Sala das cunchas do Concello o día tres de novembro de 18.00 a 19.30 horas e gracias a colaboración de Calidaria, empresa destinada a formación e calidade alimentaria que conta cunha longa traxectoria e experiencia neste eido. O Concello do Grove agarda que estas actividades melloren o coñecemento do sector e aporten tranquilidade nun tema tan sensible: o das alerxias e intolerancias alimentarias. 

30 de outubro de 2015 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.