publicidade hoxe

O Grove celebra o Día Internacional da Biblioteca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O día 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca e o Concello do Grove celébrao con distintas actividades. Así, ese mesmo sábado un contacontos estará dispoñible para os nenos e nenas a partir de 4 anos, pero tamén haberá actividades nos colexios. A maioría de actividades de animación á lectura realizaranse nos centros educativos da vila grazas a colaboración entre as bibliotecas municipais e escolares.

O persoa da Rede de bibliotecas do Grove desprazarase ata as bibliotecas dos centros educativos para amosar o seu funcionamento e realizar contacontos e outras actividades de animación á lectura. A primeira quenda destas visitas realizouse onte luns ó CEIP Valle Inclán con actividades dirixidas a nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria. O mércores 21 serán os centros CEIP Rosalía de Castro e CEIP Conmeniño os que reciban as visitas e xa venres 23 de outubro participará o CEIP As Bizocas.

Asi mesmo o 22 de outubro, e dado que a Escola Infantil Monte da Vila carece de biblioteca, serán os nenos deste centro os que se acheguen ás instalacións municipais da Biblioteca Lueiro Rey para asistir a unha xornada de contos e actividades. 

Celebracións do día 24

Xa o sábado 24 Tarabelos Teatro visitará a Biblioteca Municipal do Grove co contacontos “A qué cheiran os contos?” dirixido a rapaces a partires de 4 anos. As prazas son limitadas polo que será precisa inscrición previa na propia biblioteca. 

20 de outubro de 2015 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.