publicidade hoxe

O Gran Hotel da Toxa acolle o IX Encontro de Maiores do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O xa tradicional encontro de Maiores do Concello do Grove celebrarase o vindeiro 15 de novembro na Illa da Toxa. O programa iniciarase ás 13.00 horas cunha misa solemne na Capela da Toxa cantada pola Coral Polifónica da Asociación de Xubilados e Pensionistas (Axupen). Posteriormente o grupo Cantodorxo ofrecerá bailes folclóricos e xa no Gran Hotel da Toxa o técnico do Concello do Grove, Francisco Meis ofrecerá unha charla sobre a historia dos Alcaldes do Grove dende o ano 1939.

Estas actividades darán paso ao almorzo que se celebrará nos salóns do Gran Hotel da Toxa e ao rematar o mesmo, haberá unha grande Queimada amenizada pola actuación das pandereiteras de Asxupen. O fin de festa corre a cargo do Dúo Prisma, encargado de poñer música o baile. Os interesados en participar neste evento poderán inscribirse na Casa da Terceira Idade do Grove. 

23 de outubro de 2015 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.