publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Goberno galego destina 70 millóns de euros ao ano na conservación das estradas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocal Portada
A-
A+
Ethel Vázquez na visita ás obras

Ethel Vázquez na visita ás obras

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou esta mañá o esforzo que a Xunta de Galicia realiza en materia de conservación das estradas de titularidade autonómica, ao que destina un orzamento anual de case 70 millóns de euros.

Así o puxo de manifesto durante unha visita, na que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, ás obras de reforzo de firme localizado que se veñen de iniciar na AC-840, concretamente na travesía de Curtis.

Aclarou que estes traballos forman parte da liña de actuación do Goberno galego de mellorar as condicións circulatorias das estradas, incrementar a seguridade viaria e tamén nunha maior comodidade e accesibilidade para os usuarios.

Engadiu, ademais, que é unha mostra da prioridade absoluta que a conservación e a seguridade viaria representa para o Goberno da Xunta; así como o feito de que entre 2009 e 2015 se investiran máis de 340 millóns de euros.

Reforzo de firme

A conselleira de Infraestruturas sinalou que a actuación que se está a executar en Curtis atende a unha demanda do Concello e prevé o reforzo de firme ao longo de 4,3 quilómetros desta vía de titularidade autonómica.

Aclarou que se trata dunha intervención que completa outra realizada anteriormente nesta mesma estrada, e que supuxo un investimento de 10.000 euros no que atinxe ao termo municipal de Curtis.

Tamén indicou que as obras na Travesía de Curtis forma parte dun conxunto doutras obras de reforzo de firme que se están a executar en catro estradas da provincia da Coruña (AC-320, AC-231, AC-542 e AC-840), e que prevén actuar sobre unha lonxitude total de 24 quilómetros e contarán cun investimento total de 500.000 euros.

Sinalou que as obras, que avanzarán segundo a climatoloxía o permita- centraranse na reparación, rehabilitación e reforzo de firme; pero tamén se verán complementadas con outras pequenas actuacións, como de acondicionamento da rede de drenaxe ou da mellora da sinalización nos puntos nos que sexa necesario.

A conselleira de Infraestruturas asegurou que a Xunta terá en conta ás demandas do concello de Curtis no desenvolvemento do Plan de Mobilidade Sustentable, que artellará a construción de novas sendas peonís e ciclistas no territorio galego.

7 de outubro de 2015 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.