publicidade hoxe

O fiscal do TSXG asegura que non ten constancia de denuncia xudicial da familia de Andrea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+
Europa Press

O fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Fernando Suanzes, afirmou este xoves en Lugo que non teñen “ningunha noticia oficial ao respecto, nin en xulgados, nin en Fiscalía” de que exista denuncia da familia de Andrea, a nena de 12 anos que sofre unha doenza dexenerativa e para a que os seus proxenitores reclaman a petición da lei de morte digna aprobada polo Parlamento de Galicia.

Os pais de Andrea dixeron que, se é necesario, levarán á Xustiza ao servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) que se nega a retirarlle a alimentación a Andrea.

Tras a toma de posesión do novo fiscal de Lugo, Roberto Brezmes, Fernando Suanzes sinalou: “Nós non temos de momento ningunha noticia oficial ao respecto nin en xulgados, nin en Fiscalía. “Por conseguinte, o prudente e razoable, é non se pronunciar sobre ese tema”, explicou. “Cando o recibamos, o Ministerio Fiscal intervirá, como sempre, en defensa da legalidade, do interese público”, resolveu.

PREVÉ QUE MACROSUMARIOS CONCLÚAN “EN PRÓXIMOS MESES”

Previamente, e no acto de toma de posesión do novo fiscal de Lugo, Suanzes informou de que “nestes momentos desempeñan o seu labor na provincia de Lugo un total de 17 fiscais, o que supón un ratio de 4,96 fiscais por 100.000 habitantes, algo inferior á media galega de 5,28 e superior á estatal de 4,38”.

Noutra orde de cousas, avanzou este xoves que que, “nos próximos meses, é previsible que diversos macrosumarios de extraordinaria complexidade que están sendo investigados nos xulgados conclúan paulatinamente a súa fase de instrución e se remitan á fiscalía para o preceptivo informe de cualificación”.

1 de outubro de 2015 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.