publicidade hoxe

O equipo médico que atende a Andrea traslada certa flexibilización da súa postura inicial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNoiaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press
Os pais de Andrea á saída do xulgado

Os pais de Andrea á saída do xulgado

O equipo médico que atende a Andrea, a menor de 12 anos que padece unha enfermidade dexenerativa irreversible, trasladou este luns á familia “certa flexibilización” da súa “postura inicial”. Así o explicou en declaracións aos medios o avogado da familia, Sergio Campos, acompañado por outro letrado, ás portas dos xulgados xunto cos pais da menor, Antonio Lago e Ronsel Ordoñez. “Trasladáronnos certa modificación da postura inicial”, abundou.

Tras saír do xulgado pasadas as 15,15 horas despois de acudir a unha cita fixada ás 12,30 horas na sede de Fontiñas, en Santiago, co xuíz de instrución Roberto Soto, os pais e os avogados trasladáronse ao Complexo Universitario de Santiago (CHUS) para “coñecer o novo enfoque” do caso de Andrea.

“Imos coñecer de primeira man esas modificacións, é a nova formulación que pretenden ofrecer á familia”, manifestou o avogado. “Acollemos de bo grao e imos coñecer esa flexibilización”, insistiu.

“PRUDENTES”

No entanto, Sergio Campos sinalou que avogan por “ser prudentes” até reunirse co equipo médico no complexo hospitalario de Santiago. Pola súa banda, a nai da nena que declinou facer máis declaracións até coñecer a decisión do equipo médico explicou que “todo sucedeu estando no xulgado”, precisou en relación á reunión. “Estou coa angustia de querer saber”, concluíu.

5 de outubro de 2015 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.